Thursday 02 de May de 2024

V Travesía Arousaman – Arousawoman


Hoxe o goberno local apoiou a proba deportiva solidaria Arousaman – Arousawoman. Participaron máis de 40 nadadores e nadadoras que fixeron o treito desde O Grove ata Ribeira.

O alcalde Luís Pérez e o concelleiro de Deportes Xabier Vidal estiveron recibindo os nadadores e nadadoras aos que parabenizaron por participar nesta proba que pretende visibilizar o Dano Cerebral Adquirido.

O noso agradecemento especial á xente de Arousaman e da Asociación de Dano Cerebral Sarela pola organización desta actividade.